Saltar al contenido principal

AÏS

Arxis Ensemble

"FOR PHILIP GUSTON"

Copia-de-Memoria-Premios-Gaos

SÁBADO, 24 OUTUBRO 2026
18:30H, SALA DE EXPOSICIÓNS, A NORMAL

Organiza:
Asociación Cultural Aïs & Arxis Ensemble, en colaboración coa UDC, NORMAL e a Deputación da Coruña 

ARXIS Ensemble e a asociación cultural Aïs presentan en concerto For Philip Guston (1984), unha das obras máis singulares e transcendentais do compositor estadounidense 

A Universidade da Coruña acollerá en NORMAL o vindeiro 24 de outubro, ás 18:30 h, a estrea en Galicia de For Philip Guston, unha das obras máis relevantes da última etapa do compositor estadounidense Morton Feldman (1926-1987). 

A proposta, organizada por Arxis Ensemble& Asociación Cultural AÏS, e que se acolle en NORMAL, Área de Cultura da UDC, reunirá a Clara Giner Franco, frauta; Noè Rodrigo Gisbert, percusión; e Magdalena Cerezo, piano. 

Composta en 1984 como homenaxe ao pintor estadounidense Philip Guston, For Philip Guston é unha obra de aproximadamente catro horas de duración na que Feldman explora as relacións entre tempo, percepción, memoria e materia sonora. 

A composición constrúese a partir de repeticións, silencios, resonancias e pequenas variacións. Os materiais musicais reaparecen ao longo da obra, mais nunca exactamente do mesmo xeito, creando unha experiencia en que a atención e a percepción do oínte pasan a formar parte esencial da propia música. 

A relación coa pintura de Guston non se formula desde a ilustración, senón desde unha concepción compartida do tempo e da forma. Feldman traslada á música unha maneira de entender a materia artística propia das artes visuais, nunha proposta en que o tempo deixa de ser simplemente a duración da obra para converterse nun dos seus principais materiais. 

Estreada en Buffalo en 1985, For Philip Guston está considerada unha das grandes composicións de longa duración do repertorio contemporáneo. A súa instrumentación reúne frauta, percusión e piano/celesta, nunha combinación que Feldman emprega para construír unha paisaxe sonora de extraordinaria delicadeza. 

 

EQUIPO ARTÍSTICO

ARXIS ENSEMBLE

CLARA GINER FRANCO | FRAUTA
NOÈ RODRIGO GISBERT | PERCUSIÓN
MAGDALENA CEREZO | PIANO

PROGRAMA

For Philip Guston* (1984) 
Morton Feldman 

*Estrea en Galicia