Saltar al contenido principal

AÏS

ENTRE LIÑAS | HÉCTOR FRANCESCH

_DSC2492

VENRES 10 DE XULLO 2026
20:00H, ESTUDO DE HÉCTOR FRANCESCH

No ciclo ENTRE LIÑAS, que realizamos en colaboración coa AC AÏS, o venres 10 de xullo ás 20h, realizaremos unha visita ao estudo do artista multidisciplinar Héctor Francesch, que nos recibirá para compartir a súa traxectoria, o seu universo creativo e os proxectos nos que traballa na actualidade.

Héctor Francesch é unha das voces máis persoais da arte contemporánea galega. A súa obra abrangue o debuxo, a pintura, a serigrafía e a instalación, nunha constante procura de novas linguaxes expresivas.

Ao longo da súa carreira protagonizou numerosas exposicións individuais en galerías, museos e institucións e participou en destacadas feiras de arte contemporánea. A súa creación dialoga coa cultura visual contemporánea e bebe do pop art, do cómic, da publicidade e da tradición artística galega. Cunha linguaxe de cores intensas, formas sintetizadas e unha marcada carga irónica, Francesch constrúe un imaxinario propio no que obxectos cotiáns e iconas da infancia convértense en vehículos para reflexionar sobre a sociedade actual, a violencia, o consumo e a memoria.

Entre Liñas ofrece así unha oportunidade única para coñecer de primeira man o espazo de creación de Héctor Francesch, conversar co artista e descubrir os procesos que se agochan detrás da súa obra nun ambiente próximo e participativo.

Contaremos tamén coa actuación do músico multi-instrumentalista Pulpiño Viascón que realizará co serrón unha actuación para as persoas asistentes.

EQUIPO ARTÍSTICO

HÉCTOR FRANCESCH
PULPIÑO VIASCÓN