Samuel Diz
A GUITARRRA DE LORCA
XOVES, 15 OUTUBRO 2026
18:00H, CASA-MUSEO CASARES QUIROGA
Inscrición previa:
Obrigatoria no teléfono
981 18 98 56
(prazas limitadas)
Colabora:
Concello da Coruña, Museos Históricos da Coruña e Deputación da Coruña
NEXOS: Samuel Diz presenta «A guitarra de Lorca» na Casa Museo Casares Quiroga
No marco do ciclo NEXOS, a Asociación Cultural AÏS organiza unha nova sesión dedicada á activación cultural, á investigación musical e á reflexión arredor da nosa memoria histórica.
O vindeiro xoves 15 de outubro ás 18:00 h, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá o concerto e coloquio do guitarrista e investigador Samuel Diz, quen presentará o seu proxecto A guitarra de Lorca.
O recital interpretarase coa réplica exacta da guitarra orixinal construída en Granada por José Ortega cara a 1906, propiedade de Federico García Lorca. A través do timbre e da acústica histórica deste instrumento, Samuel Diz reconstrúe o imaxinario sonoro da Idade de Prata e da Segunda República, poñendo o foco no legado do exilio republicano de 1939 e na recuperación das compositoras silenciadas polo canon historiográfico.
Coloquio aberto
Tras a intervención musical, abrirase un espazo de coloquio e diálogo co público asistente para afondar nas dimensións éticas, artísticas e históricas da creación musical e da memoria democrática.
EQUIPO ARTÍSTICO
ANTÍA GOYENE | DANZA
LAURA POZACO | VIOLÍN
PROGRAMA
Francisco Tárrega
Preludio, Adelita, Lágrima
Manuel de Falla
Homenaxe a Debussy
Jesús Bal y Gay
Pastoral
Fernando Buide del Real
Nocturnal (Bal y Gay)
Rosita García Ascot
Berce, Española
Emiliana de Zubeldia
Capricho basko, Paisaxe basko
Simón Tapia Colman
Momento andaluz
Cancións populares antigas (divulgadas por F. García Lorca)
El café de Chinitas, Los cuatro muleros, Anda jaleo, La tarara, Las tres hojas