AÏS

Laura Hojman

"LOS DÍAS AZULES"

VENRES, 17 OUTUBRO 2025
CASA-MUSEO CASARES QUIROGA

INSCRIPCIÓN PREVIA:
casasmuseo@coruna.gal
981 189 856

ciclo audiovisual e escénico “Nexos” preséntase en colaboración coa Casa Museo Casares Quiroga, potenciando este espazo como un lugar de memoria e cultura viva. O ciclo propón unha viaxe sensorial e poética pola memoria, dialogando co legado literario de Antonio Machado e a figura emblemática de María Casares, símbolo de resistencia e exilio.

A primeira sesión céntrase na proxección do documental “Los días azules”, de Laura Hojman, quen tamén estará presente na Casa Museo. A obra é un retrato emotivo e visualmente envolvente da vida e obra de Antonio Machado, un poeta a quen a historia marcou tamén co exilio e a perda. O documental reconstrúe a vida e o pensamento de Machado a través dun relato íntimo e político.

A cineasta e guionista Laura Hojman (Sevilla, 1981) presenta a súa obra na biblioteca da Casa Museo. A actividade comeza coa interpretación en directo da peza “El cant dels ocells”, unha melodía tradicional catalá adaptada por Pau Casals ao violonchelo. Seguidamente, proxéctase o documental.

Como peche da sesión, a propia Hojman conduce un coloquio co público, un espazo para afondar nas dimensións éticas, artísticas e políticas da película, así como na relevancia actual da memoria histórica e da creación cultural como ferramenta de reflexión colectiva. Trátase dunha proposta que mestura cine, música e palabra nun espazo cargado de simbolismo.

INSCRIPCIÓN PREVIA:
casasmuseo@coruna.gal
981 189 856

EQUIPO ARTÍSTICO

LAURA HOJMAN

VIOLONCHELO: JUAN ANTONIO ALMARZA ESPARZA

PROGRAMA

EL CANT DELS OCELLS, Pau Casals