Ciclo de visitas a talleres e estudos de artistas plásticos, impulsado por AÏS, que convida a descubrir a creación desde dentro. Cada encontro abre a posibilidade de conversar coas e os artistas no seu propio espazo de traballo, coñecer os seus procesos e compartir de preto a experiencia da produción artística contemporánea. Unha proposta que busca estreitar a relación entre creadoras e público, xerando un diálogo directo, próximo e enriquecedor.