AÏS

FAITE ABONADO

A Asociación Cultural AÏS e o Festival RESIS medran grazas ás persoas que cren na cultura como espazo de experimentación, innovación e encontro. Abonarte é unha maneira directa de apoiar proxectos artísticos innovadores e multidisciplinares, así como as actividades que desenvolvemos en diálogo coa cidade e as súas comunidades.

Coa túa achega fas posible que AÏS continúe a compartir propostas que conectan a música contemporánea e as artes vivas.

Súmate e forma parte activa deste proxecto cultural!

35€

(Pago único)

Coa túa aportación ademais terás unha subscripción á Newsletter para recibir no teu correo electrónico todas as novidades da Asociación AÏS e do Festival RESIS antes que ninguén.